Luisa Sánchez inaugura a Factoría de Emprendemento da Deputación e a CEP para impulsar a creación de empresas e o emprego na provincia
12/11/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso ao Emprego, Luisa Sánchez, inaugurou este xoves o primeiro obradoiro da Factoría de Emprendemento, unha iniciativa impulsada pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) co apoio da institución provincial para a promover a creación de novas empresas e favorecer a xeración de emprego. O proxecto ofrece ferramentas, asesoramento e acompañamento para que as persoas emprendedoras transformen as súas ideas en proxectos empresariais rendibles a través de catro piares: un mapa provincial de recursos de apoio ao emprendemento, unha oficina de asesoramento personalizado, un observatorio provincial de emprendemento e necesidades formativas, e obradoiros de capacitación. Luisa Sánchez subliñou a vontade de achegar os recursos ao conxunto da provincia, con actividades en Vigo, A Estrada, Mos, Baiona, O Porriño e Pontevedra, nas que se abordarán cuestións como a creación de empresas, a elaboración de plans de viabilidade, o acceso á financiamento, a dixitalización e a intelixencia artificial.

