A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha conversa arredor dos 50 anos da transición española
25/09/2026
O deputado de Cultura, Jorge Cubela, e o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela José Julio Fernández Rodríguez presentaron este venres no Pazo provincial a conversa “50 anos da transición española” que organiza a Deputación de Pontevedra o próximo mércores 30 de setembro no Museo de Pontevedra. Na conversa participarán, ademais do catedrático, o exalcalde de Pontevedra e exdeputado nacional José Rivas Fontán e os estudantes universitarios Irene Curty Novoa e Rodrigo García Seco. A actividade terá lugar no vestíbulo do Edificio Castelao a partir das 20:00 horas, con acceso libre.