Luisa Sánchez asiste ás Festas do Rosario de San Andrés de Comesaña
06/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou nas Festas do Rosario de San Andrés de Comesaña. Ademais de asistir á tradicional misa e procesión na honra da Virxe do Rosario, a representante provincial en Vigo presenciou a actuación da Banda de Música As Delicias xunto a veciñanza da parroquia. Os actos prolónganse ata o martes con máis actos relixiosos, verbenas e as tradicionais poxas e cucañas.