A Deputación de Pontevedra convoca un Pleno extraordinario para o luns, día 20, para votar unha moción en defensa da Constitución

A sesión terá lugar ás 13:00 horas no salón de plenos do Pazo provincial

16/11/2023

A Deputación de Pontevedra convocou unha sesión plenaria extraordinaria para o próximo luns día 20 de novembro, ás 13:00 horas para votar unha moción en “defensa da Constitución española, a igualdade dos españois e o respecto ao estado de dereito e á democracia”.

O motivo desta convocatoria está relacionada co acordo que transcendeu publicamente entre os partidos PSOE, Junts e Esquerra Republicana de Catalunya para a aprobación dunha lei de amnistía impulsada co obxectivo da investidura do presidente do Goberno de España.