Luis López remarca o apoio da Deputación ao tecido deportivo da provincia na presentación da nova tempada do Club Ciclista Rías Baixas

O presidente provincial puxo en valor a traxectoria do club para impulsar o ciclismo e o deporte de base na provincia

31/01/2024

Luis López na presentación da nova tempada do Club Ciclista Rías Baixas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, achegouse este mércores á concentración que o Club Ciclista Rías Baixas está levando a cabo no municipio de Mondariz-Balneario para participar na presentación da nova tempada do equipo ciclista. Despois de recoñecer a traxectoria da entidade e do seu fundador, Jose Luis Chamorro, López remarcou o apoio do executivo da Deputación ao tecido deportivo e ao deporte de base da provincia como unha das liñas estratéxicas da súa acción de goberno.

O mandatario provincial, amante e practicante do deporte da bicicleta, dirixiuse aos integrantes do equipo que leva o nome das Rías Baixas polas estradas de todo o país para destacar o traballo da entidade por fomentar os valores do deporte e da práctica deportiva entre a mocidade.

Finalmente, Luis López afirmou que o apoio ao deporte é un dos piares do Goberno da Deputación e recordou que a Deputación destina este ano 9,5 millóns de euros para fomentar o deporte na provincia e ademais presta apoio na organización de eventos de primeiro nivel coma O Gran Camiño, o paso da Vuelta a España pola provincia ou a organización o próximo outono do Europeo de Ciclocrós.

Galerias de imaxes