O vicepresidente da Deputación participa na presentación do Torneo M15 Pontevedra International Open
03/10/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Pazo provincial na presentación do primeiro Torneo Internacional M15 Pontevedra Internacional Open, organizado polo Club de Tenis de Pontevedra, e que se disputará nas instalacións desta entidade na Caeira entre os días 7 e 13 de outubro.
“Na Deputación –asegurou o vicepresidente- estamos convencidos de que esta provincia, e esta cidade en concreto, teñen todo o que é necesario para converterse no grande estadio deportivo do mundo. E probas como esta non fai senón confirmalo”. Domínguez aproveitou para dar os seus parabéns ao Club de Tenis de Pontevedra “por impulsar este ano por vez primeira este torneo, despois do grande éxito das dúas edicións do Junior U14”, e tendeu a man do goberno provincial para seguir “convertendo a Pontevedra na provincia do deporte”.
