A Deputación adxudica a redacción do proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-6007 ao seu paso por Lalín

A actuación garantirá a seguridade no tránsito das persoas nun treito de 300 metros desta estrada provincial

22/06/2023

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a redacción do proxecto para abordar a mellora da mobilidade peonil na EP-6007 Goleta-Cercio-Estrada Rodo-Brántega ao seu paso polo Concello de Lalín, obras que teñen previsto un orzamento de preto de 150.000 euros. Trátase dunha actuación ao abeiro do modelo de mobilidade sostible e amable que promove a institución provincial e que busca garantir a seguridade nun treito de 250 metros desta estrada que discorre por un núcleo de vivendas en Cercio.

Os traballos desenvolveranse nun tramo de Cercio no que a vía se estreita, de maneira que se executarán obras para mellorar as condicións de tránsito das persoas. Deste xeito, está prevista a creación dunha plataforma de convivencia cunha lonxitude de cen metros con preferencia peonil, así como un tramo de senda e a renovación do pavimento da vía.

Ademais, tamén se instalarán cunetas tendidas, elementos que supoñen unha aposta pola seguridade viaria e por potenciar que as persoas poidan transitar polas beiras das estradas con seguridade naqueles tramos nos que os muros, as vivendas ou as circunstancias orográficas impiden ampliar a plataforma.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.