O vicepresidente Rafa Domínguez participa no acto de entrega de premios da final do XII Somm Talent FP
12/02/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Auditorio José Manuel Pérez Matos do Centro Príncipe Felipe no acto de entrega da premios da final da XII edición da Somm Talent FP, o campionato de sumillería que reuniu en Pontevedra a alumnado de restauración de 18 centros de formación profesional de España e Portugal. O vicepresidente foi o encargado de entregar un dos galardóns aos gañadores deste ano.