O vicepresidente, Rafa Domínguez, reúnese coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA)

11/03/2024

 Rafa Domínguez reúnese con Xoga

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto á deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, acaban de reunirse con María Jesús Monterde, presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA), Pilar Iglesias, vogal da entidade, e Carolina Rego, intérprete de lingua de signos, para afondar na situación en Galicia das persoas con diversidade sensorial e no estado da lingua de signos galega. Ademais, analizaron a posibilidade de colaborar na prestación de servizos asistenciais e protocolarios na provincia para 2024, ou en actividades e eventos relacionados coa diversidade sensorial e iniciativas coma o programa “Manciñas” ou as xornadas Xuntos Avanzamos.