A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, e o deputado José López Campos, presentan o rally RAID Europeo de Navegación

18/09/2023

Rally RAID Europeo de Navegación

 

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na Estrada xunto ao seu alcalde e deputado provincial, José López Campos, e o alcalde do concello de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, na presentación do I RAID Europeo de Navegación da Estrada, que se celebrará entre o 25 e o 30 de setembro na vila e está organizado polo Moto Club A Peroxa. “É unha gran noticia que a provincia acolle esta proba deportiva” remarcou Fernández-Tapias xa que A Estrada convértese nunha das catro sedes do Campionato de Europa, xunto con outras localizacións en Grecia, Romanía e Croacia. Deste xeito a vila acollerá a pilotos chegados de países de todo o mundo o que, en palabras da vicepresidenta, “é mostra da gran capacidade de atracción dos eventos deportivos para a provincia”. Durante o acto de presentación, Marta Fernández-Tapias remarcou a o compromiso da Deputación “co deporte, cos clubs e cos nosos deportistas. É un dos obxectivos deste mandato, estaremos alí onde o deporte o precise, impulsando iniciativas que contribúan a promover a súa práctica e a poñer aínda máis o nome de Pontevedra no mapa”.