Luis López aborda as necesidades de cooperación co pobo saharauí nunha recepción co ministro de sanidade saharauí Salek Baba Hassana

Á reunión co presidente da Deputación de Pontevedra asistiron tamén Maite Isla, presidenta de Solidaridade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS); e Mohamed Mehdi Zerga, delegado saharauí en Galicia.

27/09/2023

RECEPCIÓN MINISTRO SANIDADE SAHARAUI SALEK BABA HASSANA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, abordou as necesidades de cooperación coas persoas que habitan os campamentos de refuxios do Sáhara nunha recepción co ministro de sanidade saharauí Salek Baba Hassana, que tivo lugar este mércores pola tarde no Pazo provincial.

O encontro estivo enmarcado na visita dunha delegación do pobo saharauí a Galicia, da que forma parte o ministro Salek Baba Hassana, quen tratou co presidente provincial e tamén con outros representantes do goberno da Xunta de Galicia a situación actual dos campamentos de refuxiados do Sáhara.

Na reunión tamén estiveron presentes Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega do Pobo Saharauí (SOGAPS); e Mohamed Mehdi Zerga, delegado saharauí en Galicia.