Pequeno circo de Nadal chega este martes a Salceda de Caselas no marco do ciclo escénico da Deputación

A función, con entrada libre ata completar a capacidade, terá lugar na praza do Concello da localidade a partir das 18 horas

25/12/2023

O praza do Concello de Salceda de Caselas será escenario este martes, 26 de decembro, da actuación de Nelson Quinteiro Producciones, que porá en escena a obra Pequeno circo de Nadal no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo, ás 18 horas, e a entrada será libre ata completar a capacidade.

Protagonizado por elfas e elfos de Papá Noel, Pequeno circo de Nadal é un espectáculo de cabaré cos contos propios destas datas, coreografías, circo e panxoliñas, cuxa escenografía recrea un poboado. A función irá acompañada dunha banda sonora creada a partir de temas recoñecidos como Joy to the World, Let's Snow, It’s the Most Wonderful Time of the Year ou It's Christmas, xunto coas tradicionais panxoliñas.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, desde outubro e ata finais deste mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.