A Deputación transformará e modernizará con fondos europeos sete novas oficinas da rede Info Rías Baixas

O investimento cos fondos do Tourist Inside II ascende a 519.000 € e beneficiará aos puntos de información das Neves, Tui, Redondela, Salvaterra de Miño, O Rosal, Mondariz-Balneario e Ponteareas

25/05/2023

Tourist Inside II

A Deputación de Pontevedra continúa coa transformación da súa rede de oficinas de turismo INFO RÍAS BAIXAS, integrando na estratexia dixital e na arquitectura tecnolóxica a sete novas oficinas e puntos de información turística da Rede: As Neves, Tui, Redondela, Salvaterra de Miño, O Rosal, Mondariz-Balneario e Ponteareas. “Queremos que todas as oficinas sexan modernas, estean dixitalizadas e ofrezan unha atención moi directa á xente que pase por elas, para que xere benestar e, ademais faga que se vaia encantada”, asegurou a presidenta Carmela Silva. Esta iniciativa, enmarcada no proxecto “Tourist Inside II”, conta cun orzamento de 519.000 € e unha achega de 300.300 € dos fondos europeos Next Generation.

Ao longo destes meses comezará a modernización destes sete espazos, nos que se vai incorporar un ordenador e unha tablet para a recollida de enquisas de satisfacción e interacción coas persoas visitantes para mostrar os contidos turísticos da provincia. Ademais, no caso de Redondela, O Rosal, Tui e As Neves instalaranse pantallas, que nuns casos irán ancorada á parede e noutros con soporte de pé, e, adicionalmente, as oficinas de Redondela e Tui dotaranse de impresoras braille. Por outra banda, en puntos destes concellos instalaranse un total de 50 beacons, é dicir, pequenos dispositivos que emiten sinais cara os smartphones e que se empregarán para enviar anuncios ou mensaxes sobre recursos turísticos e sobre a zona na que se atopan. Serán 12 en Ponteareas, 5 en Mondariz-Balneario, 13 en Redondela, 4 en Salvaterra de Miño, 6 no Rosal, 14 en Tui e 8 nas Neves.

A creación da rede Info Rías Baixas foi, tal e como explicou Carmela Silva, “un grande proxecto que pon ao turismo no centro, moi centrado na excelencia e a calidade da atención ás persoas que nos veñen visitar”. A incorporación das novas tecnoloxías e ferramentas dixitais a estas oficinas, no marco do “Tourist Inside II” continúa o traballo iniciado xa con “Tourist Inside”, co que, en palabras da presidenta, “puxemos en marcha grandes proxectos de modernización sobre todo nos destinos turísticos máis relevantes”.

audios

Noticias relacionadas

 
		A Deputación mobiliza 3,8 millóns de euros en novos recursos para turismo, dotacións públicas e eficiencia enerxética en 25 concellos da provincia

A Deputación mobiliza 3,8 millóns de euros en novos recursos para turismo, dotacións públicas e eficiencia enerxética en 25 concellos da provincia

Tourist Inside II investirá 519.000 euros con fondos europeos Next Generation para modernizar as oficinas de Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salvaterra e Tui

 
		A Deputación dota a 14 concellos da provincia de totems interactivos que proporcionan información turística en tempo real ás persoas visitantes

A Deputación dota a 14 concellos da provincia de totems interactivos que proporcionan información turística en tempo real ás persoas visitantes

Os paneis, instalados ao abeiro do proxecto europeo “Tourist  Inside”, aportan ademais aos municipios información relevante para a planificación e a toma de decisións relativa ás buscas realizadas, a afluencia de turistas ou a súa posible orixe

 
		O Palacete das Mendoza ábrese á cidadanía da provincia para mostrar a súa cara máis innovadora, dixital e accesible

O Palacete das Mendoza ábrese á cidadanía da provincia para mostrar a súa cara máis innovadora, dixital e accesible

Carmela Silva: “A oficina de turismo é o primeiro contacto que as e os visitantes teñen cos concellos, e hoxe en día buscan coñecer e vivir experiencias en primeira persoa”

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 15 resultados.