A Deputación mantén aberto ata este xoves 9 de abril o prazo para inscribirse na modalidade infantil do trail Entre Castelos Rías Baixas do 18 de abril

A actividade terá lugar ás 16:30 horas e está aberta a un total de 300 nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. As inscricións son gratuítas e poden realizarse na páxina web https://trailentrecastelosriasbaixas.com

06/04/2026

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este xoves 9 de abril o prazo para inscribirse na modalidade infantil do trail Entre Castelos Rías Baixas, que terá lugar o vindeiro 18 de abril ás 16:30 horas. Nesta carreira, cunha lonxitude de 0,9 quilómetros, a Deputación oferta 300 prazas para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. A inscrición é gratuíta e pode realizarse en https://trailentrecastelosriasbaixas.com/

A actividade infantil celébrase o día anterior ao trail Entre Castelos Rías Baixas, que terá lugar o vindeiro 19 de abril ás 10:00 horas, e que xa ten esgotadas as súas 500 prazas. Trátase dun percorrido de 25,7 quilómetros con saída do Castelo de Sobroso e chegada ao Castelo de Soutomaior e a través de espazos naturais de alto valor ecolóxico e paisaxístico.

Estas 500 prazas súmanse ás outras 200 prazas ofertadas e tamén cubertas para desfrutar da andaina Entre Castelos Rías Baixas, que terá lugar tamén o 19 de abril pero ás 12:30 horas con saída do Castelo de Soutomaior. Neste caso, trátase dun percorrido de 8,7 quilómetros que atravesa sendeiros forestais e pistas rurais, combinando tramos de subida progresiva con contornas máis cómodas de terreo camiñable.

O trail “Entre Castelos Rías Baixas” é unha proposta única en España que conectará a través dunha carreira a pé de case 26 quilómetros as dúas fortificacións de titularidade provincial, o Castelo de Sobroso, en Mondariz, e o Castelo de Soutomaior. Unha proba deseñada para o desfrute en familia, que une deporte, patrimonio e promoción do territorio e ofertará unha fin de semana chea de actividades complementarias como obradoiros de animación infantil e food trucks.

Novas relacionadas

{"classPK":15226553,"groupId":"37861","name":"20260419_luislopez_trailentrecastelos_slorenzo_01.jpg","alt":"LUIS LOPEZ ENTREGA PREMIOS I TRAIL ENTRE CASTELOS RIAS BAIXAS","title":"20260419_luislopez_trailentrecastelos_slorenzo_01.jpg","type":"document","uuid":"7cb928e1-9d23-2d35-80ee-bbbc599f4cf7","fileEntryId":"15226553","resourcePrimKey":"15226620"}

Luis López entrega os premios aos gañadores da primeira edición do Trail Entre Castelos Rías Baixas, tras unha participación de case 800 corredores

  19/04/2026

{"classPK":15194629,"groupId":"37861","name":"20260417_conferenciaprensa_rafaestevez_10.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260417_conferenciaprensa_rafaestevez_10.jpg","type":"document","uuid":"e1909231-d25e-96ce-d2e1-e9e4cdb96bd9","fileEntryId":"15194629","resourcePrimKey":"15195433"}

Luis López presenta Entre Pontes Trail & Running, o novo circuíto provincial de carreiras populares que levará o deporte para todos cun investimento de 280.000 euros

  17/04/2026

{"classPK":14757697,"groupId":"37861","name":"trail_entre_castelos.jpg","alt":"trail entre castelos ","title":"trail_entre_castelos.jpg","type":"document","uuid":"7b54a8a5-5aa6-e74e-e3c1-c29f64160be6","fileEntryId":"14757697","resourcePrimKey":"15185849"}

A Deputación organiza esta fin de semana o Trail Entre Castelos Rías Baixas, con preto de 800 persoas inscritas e unha completa axenda de actividades que abrangue unha charla do triatleta Pablo Dapena

  16/04/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.