Visita de alumnas e alumnos de Tui ao Pazo provincial

Unha vintena de alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria do CEIP Nº1 de Tui visitaron esta mañá o Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.

24/04/2023

VISITA ALUMNADO DE TUI AO PAZO PROVINCIAL

O deputado provincial Manuel González deulles a benvida no Salón de Plenos do edificio, onde lles explicou o funcionamento do pleno provincial e o procedemento de elección das e dos deputados.

Posteriormente, as crianzas, que se amosaron moi interesadas e participativas na visita, tomaron parte nunha sesión plenaria simulada na que foron os e as protagonistas, trala que, acompañados por persoal do Servizo de Protocolo, realizaron un percorrido durante preto dunha hora polas diferentes estancias do Pazo, entre elas a Sala de Xuntas, a Sala de Comisións, e a Sala de Prensa. Neste último espazo coñeceron as competencias da Deputación en materia de cooperación cos concellos da provincia