OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN E ESCRITA

“O BOSQUE DOS CONTOS”

Obradoiro de Debuxo Tolo con Berto Fojo

Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h


Actividade

Obradoiro de Debuxo Tolo

Cando Berto Fojo e os seus irmáns estaban aborrecidos, xogaban a debuxar.

Un irmán propoñía a idea de partida e cadaquén facía a súa versión. Rían moito.

Como o facían decote, o xogo foise sofisticando. Cada vez había que fiar máis fino para que o resultado fose o máis gracioso… e acabaron un pouco tolos!

  • Número máximo de participantes: 20
  • Duración: 50 minutos
  • Idades: de 5 a 10 anos
  • Día: sábado 6 de decembro
  • Hora: 18 h

Ilustrador

Berto Fojo

https://bertofojo.com

Artista / ilustrador / deseñador / docente. Nado en Poio, vive en Pontevedra. Estudou Belas Artes en Pontevedra e un Máster en Deseño na Universidade Complutense de Madrid.

O seu traballo, en palabras de Susana Cendán, "céntraseprincipalmente no deseño e a ilustración, disciplinas que complementa coa pintura, o debuxo, a creación de personaxes e caricaturas e o ensino. A ironía e o humor forman parte da traxectoria deste artista capaz de crear unha iconografía propia coa que seduce a seguidores de todo o mundo."
Impartiu clase no Grao de Deseño Gráfico da EASD Antonio Faílde (Ourense), nos graos de Deseño de Moda e Deseño de Produto da EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela), no Mestrado de Arte Contemporánea da Universidade de Vigo, no Curso Anual de Proxectos de Ilustración e Novela Gráfica do Istituto Europeo di Design (Madrid), así como na ESO e no Bacharelato. Tamén foi parte de Estudio Pacheco, espazo colectivo para a creación en Pontevedra, e é membro activo do Liceo Mutante.