OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN E ESCRITA

“O BOSQUE DOS CONTOS”

Obradoiro de Kamishibai con Natalia Umpiérrez

Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h


Actividade

Obradoiro de Kamishibai con Natalia Umpiérrez

Kamishibai significa teatro de papel.

Esta forma de contar naceu nos templos budistas do Xapón hai nove séculos. Os monxes utilizaban uns pergamiños que combinaban textos e imaxes, chamados emaki, para crear historias didácticas. O gaito kamishibaiya, que era quen contaba, golpeaba dous paus para anunciar que chegaran ás vilas. As crianzas mercábanlle doces e sentaban a escoitar e ver as historias que o gaito narraba cun pequeno escenario de madeira, coma de monicreques, chamado butai.

Natalia trae o butai e os pergamiños... pero ti terás que debuxar neles para convertelos en emaki e contar historias!

  • Número máximo de participantes: 20
  • Duración: 50 minutos
  • Idades: de 5 a 10 anos
  • Día: sábado 25 de novembro
  • Hora: 18 h

Ilustradora

Natalia Umpiérrez

https://nataliaumpierrez.tumblr.com

Natalia Umpiérrez analiza a realidade desde un punto de vista introspectivo, inspirándose no máxico e baseándose no feminino. O humor, a cultura pop e a internet son aspectos esenciais do seu traballo, formalmente ecléctico. Combina a solemnidade do óleo coa frescura e inmediatez do papel, aínda que utiliza outras técnicas coma o gouache ou os rotuladores. Ás veces completa os debuxos con colaxe, engadindo pan de ouro, recortes de revistas ou purpurina. Ama o mundo dos fanzines, o DIY, os cans e as plantas.
Recibiu o Premio Novos Valores de Artes Plásticas 2018 da Deputación de Pontevedra.