XORNADAS
“O BOSQUE DOS CONTOS”
Hematocrítico ilustrado por Alberto Vázquez
Actividade de acceso libre ata completar a capacidade.
No marco da exposición, e coincidindo coa celebración da segunda edición do Festival de Literatura Infantil e Humor Hematofesti, levaremos a cabo dous eventos arredor da ilustración e do álbum ilustrado na sede da Deputación en Vigo:
- Día 5 de novembro, ás 19:30 h, Xornada Artistas Calidoscópicos
- Bea Lema e Javier Jaén falan de ilustración e deseño.
- Bea Lema: "Bordar unha historia"
- Javier Jaén: "Da idea á imaxe"
- Día 8 de novembro, Xornada Queremos Literatura Infantil
De 10:00 a 20:30 h, coordinada por Eva Mejuto e Montse Pena Presas- 10:00 h Inauguración
- 10:15 h Juan Senís: "Sete razóns (e algunha máis) para ler álbum ilustrado na infancia (e non só)".
- 11:00 h "Editar álbum ilustrado".Editoriais Fabulatorio, Triqueta Verde e Planeta Tangerina: Cibrán Rico, Suso Vázquez, Víctor Mascato e Bernardo P. Carvalho.
- 12:30 h "Contar e cantar álbum ilustrado". Caxoto e Charo Pita.
- 13:15 h "Ler e crear álbums para a mocidade".Andrea de la Torre e Concha Pasamar.
- 16:00 h "Incluír tamén desde o álbum". ContAZ (contar álbum en lingua de signos), Alicia Suárez (colección Makakiños, dirixido a persoas con autismo), Susana Suniaga (álbum sen palabras).
- 17.00 h "Crear álbum ilustrado hoxe". Susanna Isern, Bea Gregores e Blanca Millán.
- 19:00 h Acto de entrega do II Premio de Álbum Ilustrado Humor con H.
- 19:30 h Acto de entrega do Premio Lenda do Recreo a Teresa Rabal. Entrega o galardón Manuel Bragado, Lenda do Recreo 2024.