Eixe 1. Servizos informáticos comúns
Adecuación dos portais web
Servizo destinado ao deseño, á renovación e ao mantemento dos portais web municipais. Inclúese a adaptación técnica necesaria para garantir que estes cumpran coas normativas vixentes en accesibilidade, transparencia e protección de datos e promovan unha xestión sinxela e autónoma dos contidos.
Beneficios
- Facilitar unha comunicación clara, eficaz e accesible.
- Fortalecer a imaxe institucional cunha presenza dixital moderna, útil e atractiva.
- Incrementar a autonomía do persoal municipal na xestión diaria do portal.
Obxectivos
- Dispoñer de portais web adaptados, modernos e operativos.
- Garantir a accesibilidade universal e a transparencia na publicación.
- Mellorar a seguridade e o rendemento dos portais web.
Modelo de prestación
Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.
Apoio proporcionado
- Deseño e posta en marcha da infraestrutura tecnolóxica.
- Implementación técnica completa, na que se inclúen a configuración inicial, a migración de contidos existentes e a posta en produción do novo portal.
- Formación específica do persoal municipal en xestión e actualización autónoma do portal.
- Soporte técnico continuo con monitorización activa, actualizacións periódicas e atención directa en caso de incidencias.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.