null OTAC - Estratexia de IA e casos de uso

Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Estratexia de IA e casos de uso

$

Servizo de apoio para a definición dunha estratexia de intelixencia artificial aplicada á Administración pública local e a posta en marcha progresiva de casos de uso de IA, garantindo un uso ético, seguro e orientado á mellora dos servizos públicos.

Beneficios

  • Mellorar a eficiencia e calidade dos servizos públicos.
  • Automatizar tarefas administrativas e de atención.
  • Impulsar a innovación nos servizos ofrecidos á cidadanía.
  • Reforzar a transparencia e rendición de contas.

Obxectivos

  • Definir unha estratexia de IA adecuada aos concellos.
  • Definir un marco ético e normativo para o uso da IA nas administracións.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Identificación de oportunidades de aplicación da IA.
  • Definición de casos de uso de IA axeitados ao contexto.
  • Soporte no cumprimento normativo.
  • Apoio no deseño da folla de ruta para a implantación das solucións.
  • Asesoramento e resolución de dúbidas relacionadas coa aplicación da IA.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.