Eixe 5. Oportunidades de financiamento
Identificación e captación de fondos
Servizo de apoio especializado aos concellos da provincia na identificación, planificación e captación de fondos autonómicos, estatais e europeos. Inclúe a definición dunha estratexia de financiamento coordinada a nivel provincial.
Beneficios
- Incrementar o acceso a fondos públicos impulsando sinerxías entre diferentes programas.
- Mellorar a planificación de proxectos, maximizando os resultados dos investimentos realizados.
- Reducir a carga técnica dos concellos.
Obxectivos
- Definir unha estratexia de financiamento.
- Xerar oportunidades para desenvolver proxectos mediante a captación de fondos.
Modelo de prestación
Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.
Apoio proporcionado
- Identificación de necesidades susceptibles de financiamento a través de convocatorias de fondos.
- Identificación e análise de convocatorias de financiamento de interese para o concello.
- Asesoramento na elaboración da documentación técnica das convocatorias.
- Resolución de dúbidas en relación coa captación e xestión dos fondos.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.