Eixe 1. Servizos informáticos comúns
Impresión e dixitalización
Servizo integral que ofrece solucións eficientes para a xestión da impresión, copia e dixitalización documental nos concellos. Inclúe a provisión, a configuración e o mantemento continuo de equipos multifuncionais, optimizando recursos mediante sistemas avanzados de monitorización e control de custos.
Beneficios
- Reducir os custos e incrementar a sostibilidade cun menor uso de consumibles.
- Mellorar a seguridade grazas a sistemas de control de accesos e autenticación.
- Optimizar os procesos internos de traballo mediante solucións avanzadas de dixitalización.
Obxectivos
- Implantar solucións centralizadas e eficientes.
- Mellorar a seguridade documental nos procesos municipais.
- Facilitar a transición a unha xestión máis dixital e sostible do papel.
Modelo de prestación
Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.
Apoio proporcionado
- Análise de necesidades para determinar solucións óptimas adaptadas a cada concello.
- Instalación, configuración e posta en marcha de equipos multifuncionais avanzados.
- Formación específica ás persoas usuarias no manexo eficiente dos equipos.
- Soporte técnico integral con mantemento preventivo e correctivo continuos.
- Monitorización activa e informe diario sobre uso, custos e eficiencia de impresión.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.