null OTAC - Mantemento e infraestruturas TIC

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Mantemento e infraestruturas TIC

$

Servizo de xestión, mantemento e supervisión das infraestruturas tecnolóxicas do concello, no que se inclúen centros de datos, redes, cablaxe estruturada, sistemas de alimentación ininterrompida e espazos técnicos. Garántese a dispoñibilidade, continuidade e seguridade dos recursos TIC.

Beneficios

  • Reducir as incidencias e os tempos de inactividade.
  • Mellorar a eficiencia operativa e a seguridade da infraestrutura tecnolóxica.
  • Optimizar o rendemento e prolongar a vida útil dos equipos.

Obxectivos

  • Asegurar o funcionamento continuo e estable das infraestruturas.
  • Proporcionar asistencia técnica áxil e eficaz.
  • Manter actualizada e segura a infraestrutura tecnolóxica municipal.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Monitorización constante de infraestruturas tecnolóxicas para a detección temperá de incidencias técnicas.
  • Mantemento preventivo diario para asegurar o bo estado dos equipos.
  • Mantemento correctivo inmediato e asistencia técnica fronte a incidencias.
  • Actualizacións regulares de seguridade e rendemento.
  • Informes periódicos de estado e recomendacións técnicas de mellora.
  • Recompilación de boas prácticas e leccións aprendidas.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.