Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA
Plan provincial de adecuación ao ENS
Servizo orientado a apoiar os concellos no proceso de adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS), no que se establecen os principios e requisitos necesarios para garantir a seguridade da información e dos servizos dixitais públicos.
Beneficios
- Reducir os riscos na seguridade da información dos sistemas coa mellora da resposta ante incidencias.
- Incrementar a confianza cidadá nos servizos públicos.
- Reforzar a cultura da seguridade no ámbito municipal.
Obxectivos
- Garantir a adecuación dos sistemas municipais ao ENS.
- Protexer a información e os servizos dixitais fronte a ameazas.
- Implantar unha xestión da seguridade adaptada ao contexto local.
Modelo de prestación
Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación a través dun acordo marco coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Apoio proporcionado
- Diagnóstico inicial do nivel de cumprimento do ENS no concello.
- Elaboración do plan de adecuación coas medidas técnicas, organizativas e procedementais necesarias.
- Asistencia na implantación das medidas priorizadas.
- Formación ao persoal municipal en materia de seguridade da información.
- Acompañamento na preparación de auditorías externas de certificación.
- Revisión periódica e proposta de melloras continuas.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.