null OTAC - Simplificación de procedementos administrativos

Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Simplificación de procedementos administrativos

$

Servizo de apoio para a análise, homoxeneización, simplificación, dixitalización e automatización de procedementos administrativos dos concellos, orientado a eliminar tarefas manuais, reducir tempos de tramitación e mellorar a eficiencia interna mediante o uso de ferramentas dixitais.

Beneficios

  • Reducir os tempos de tramitación.
  • Mellorar a eficiencia e eficacia administrativas reforzando a seguridade xurídica.
  • Diminuír a carga de traballo manual do persoal empregado público.

Obxectivos

  • Simplificar procedementos clave.
  • Impulsar a tramitación no marco da Administración dixital.
  • Automatizar procesos e tarefas repetitivas que non achegan valor.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Análise de procedementos administrativos.
  • Mapeamento dos fluxos actuais.
  • Identificación de oportunidades de mellora.
  • Deseño de fluxos administrativos optimizados.
  • Proposta de melloras en simplificación, dixitalización e automatización.
  • Resolución de dúbidas relativas á implantación das melloras.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.