null Proxecto europeo -Consolidacion da marca Rio Minho

Consolidación da marca Rio Minho e creación de novos produtos turísticos transfronteirizos

  • Concellos:

    Tui

    Salvaterra de Miño

  • Acronimo:

    Visit Rio Minho Plus

  • Programa:

    Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

  • Convocatoria:

    Cuarta convocatoria, 2023

  • Fondos:

    FEDER

  • Socios:

    AECT Rio Minho (BP), a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Miño, a Axencia de Turismo de Galicia, Turismo de Porto e Norte de Portugal, o Concello de Tui, o Concello de Salvaterra de Miño, a Asociación de Desenvolvemento Rural Integrado do Val do Minho, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, a Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

  • Data de inicio:

    01/01/2024

  • Data de fin:

    31/12/2026

  • Orzamento elixible total:

    1.625.762,47 €

  • Orzamento elixible Depo:

    376.200,00 €

  • Subvención concedida total:

    1.219.321,85 €

  • Subvención concedida Depo:

    282.150,00 €

Visit Rio Minho Plus é un proxecto global de desenvolvemento a través do turismo. Proponse articular unha oferta baseada en experiencias innovadoras e singulares asentadas no seu patrimonio natural, histórico e gastronómico como elemento diferenciador de identidade e de posicionamento. Os concellos nos que se aplicará esta iniciativa son Tui e Salvaterra de Miño.

Isto permitirá dinamizar e desenvolver economicamente as zonas rurais dunha forma sostible, co aproveitamento dos recursos endóxenos e a contribución á transformación do territorio nun polo de retención e atracción de talento. A través do proxecto ofrécense vías para que a poboación con ideas de negocio innovadoras no ámbito do turismo, do sector agrario e da gastronomía, entre outros, poidan encontrar oportunidades para executar os seus proxectos.