null Proxecto europeo-Da tua man

Da túa man

  • Concellos:

    A Cañiza

    Gondomar

    Moaña

    Meaño

    Ponte Caldelas

    O Rosal

    Silleda

    Salceda de Caselas

    Tomiño

    Poio

    Ribadumia

  • Programa:

    Axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Convocatoria de 2021

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Industria e Turismo

  • Data de inicio:

    01/01/2022

  • Data de fin:

    31/12/2022

  • Orzamento elixible Depo:

    1.066.085,00 €

  • Subvención concedida Depo:

    746.259,50 €

O proxecto ten como obxectivo propiciar os cambios necesarios en once concellos para reactivar o comercio de proximidade da man de comerciantes, a través de medidas que axuden a modernizar e iniciar a transformación dixital dos seus negocios, e da cidadanía de cada municipio beneficiario, no que as veciñas e veciños deben xogar un papel protagonista no impulso dunha actividade que é esencial para a provincia. Os concellos beneficiarios son A Cañiza, Gondomar, Moaña, Meaño, Ponte Caldelas, O Rosal, Silleda, Salceda de Caselas, Tomiño, Poio e Ribadumia.
Este proxecto ten por obxecto:

  • A transformación dixital coa incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) a través de solucións de visibilización dixital, campañas de comunicación e big data do comercio de proximidade.
  • A transformación do lugar de venda mediante puntos de recollida intelixentes e a creación de zonas de descanso.
  • A sostibilidade e a economía circular mediante un sistema de recollida de pedidos de carácter colaborativo, a promoción da embalaxe sostible e da creación de illas ecolóxicas.
  • Unha nova sinalética integrada e aplicacións dixitais que faciliten información sobre a oferta comercial.