null Proxecto europeo-Da tua man rural

Da túa man (rural)

  • Concellos:

    Agolada

    Arbo

    Barro

    Campo Lameiro

    Cuntis

    Forcarei

    Meis

    Mondariz

    As Neves

    Rodeiro

    Pontecesures

  • Programa:

    Axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Convocatoria de 2022

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Economía, Comercio e Empresa

  • Data de inicio:

    01/01/2022

  • Data de fin:

    31/12/2024

  • Orzamento elixible Depo:

    624.965,00 €

  • Subvención concedida Depo:

    499.972,00 €

O obxectivo é visibilizar e modernizar o pequeno comercio local e adaptalo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e do uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (redución na creación de residuos, promoción da reciclaxe e reutilización dos residuos), así como dunha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecerlle un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes.
Así mesmo, preténdense crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de quilómetro cero para impulsar unha estratexia común. Implicaranse as comunidades locais da man dos concellos e da Deputación de Pontevedra, e aproveitaranse as potencialidades e os recursos endóxenos (produtos locais, culturais e turísticos) destes termos municipais para favorecer a empregabilidade e a permanencia da veciñanza no territorio.
Os concellos incluídos neste proxecto son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures.
"Da túa man (rural)" articúlase ao redor das seguintes actuacións:

  • Transformación dixital mediante campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais.
  • Transformación do punto de venda mediante a adaptación da accesibilidade á contorna comercial e sinalética integrada.
  • Sostibilidade e economía circular mediante a promoción da embalaxe sostible, a instalación de illas ecolóxicas e actuacións de economía circular, e dispositivos para reciclar residuos especiais.
  • Cadea de subministración e rastrexabilidade a través da creación dunha rede de comercio retallista de produtores locais e provedores.
  • Sensibilización e formación teórica e práctica de habilidades, uso e xestión de ferramentas tecnolóxicas no comercio, e sensibilización e campañas para fomentar estratexias de economía circular.

Ligazóns de interese