Ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-2906 Os Valos-Guizán, desde o p. q. 2+180 ata o 2+920 (Redondela)
-
Concellos:
Redondela
-
Acronimo:
EP-2906 REDONDELA
-
Programa:
Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020
-
Convocatoria:
Subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
IDAE

-
Data de inicio:
24/03/2021
-
Data de fin:
24/10/2021
-
Orzamento elixible Depo:
321.850,11 €
-
Subvención concedida Depo:
257.480,08 €
Esta actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil na estrada provincial EP-2906, que comunica Os Valos con Guizán, no termo municipal de Redondela, concretamente no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 2+180 e 2+920.
O proxecto implica unha nova planificación co fin de mellorar a seguridade viaria nunha estrada deteriorada. Para iso, proxéctase unha calzada con beiravía en ambas as marxes e unha senda peonil de formigón na marxe esquerda, de 2,50 metros de ancho, reservada aos colectivos máis vulnerables. Nos puntos do trazado nos que non é posible instalar a senda, establécese unha zona de convivencia entre o tráfico rodado e o peonil, con prioridade para este colectivo e velocidade limitada a 20 km/h.
Con esta actuación búscase crear unha infraestrutura atractiva para as persoas, que reduza o uso do vehículo privado e que, xa que logo, supoña un cambio de uso en prol das mobilidades amables.
Ligazóns de interese

