Iluminación exterior sostible VI
-
Concellos:
Meaño
Meis
Mondariz-Balneario
Marín
-
Programa:
Programa operativo FEDER plurirrexional de España 2014-2020
-
Convocatoria:
Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
IDAE

-
Data de inicio:
13/05/2021
-
Data de fin:
31/07/2023
-
Orzamento elixible Depo:
817.827,50 €
-
Subvención concedida Depo:
654.261,98 €
O proxecto consiste en renovar as instalacións de iluminación exterior nos municipios de Marín, Meaño, Meis e Mondariz-Balneario da provincia de Pontevedra. Substitúense 1.431 luminarias, das 11.397 existentes, ás que se lles engadirán 48 novas unidades para cumprir coa normativa vixente. As novas luminarias serán de tecnoloxía led de última xeración e elevada eficiencia. Ademais, disporán de equipo multinivel preprogramado para axustar o nivel de iluminación segundo os diferentes horarios nocturnos e os tipos de vías. Respecto dos cadros de mando, o proxecto contempla actuacións en 36 dos 323 existentes nos municipios substituíndo todos eles por outros novos. Con esta actuación diminuirase a potencia de 205 a 83,5 kW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 75 %.
Ligazóns de interese

