#CohesiónSocial

Servizo de teleasistencia domiciliaria

A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención permanente que favorece a autonomía e a permanencia das persoas na súa contorna habitual, ofrecendo apoio ante situacións de emerxencia, necesidade, fraxilidade, soidade ou illamento.


Está dirixido ás persoas maiores ou discapacitadas que vivan soas ou ás persoas que estean acompañadas e teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá. Este servizo, vixente desde o ano 1998, lévase a cabo por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

A través dun dispositivo instalado no domicilio, as persoas usuarias poden contactar, só con premer un botón e sen necesidade de empregar as mans, cunha central de atención dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. O servizo conta con persoal especificamente preparado para atender e dar resposta ás situacións que se presenten.

Ademais da atención ante situacións de emerxencia, o servizo inclúe o seguimento e acompañamento personalizado mediante chamadas periódicas e sistemas de detección de avisos e alarmas.

Poderanse beneficiar do servizo as persoas que cumpran os requisitos establecidos na ordenanza reguladora do servizo e que residan nun dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes que teñan establecido un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.