— 12 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 12 de 25 resultados.

#MUSEODEPONTEVEDRA

Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento

A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.
Máis información

#ARQUIVOPROVINCIAL

Patrimonio Documental e Bibliográfico

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura.
Máis información

NOTICIAS SOBRE CULTURA

 
		A Deputación invita a afondar na arqueoloxía e  o patrimonio da provincia a través das “Historias Cavadas” nos castros e das “Rutas de Arquitectura”

A Deputación invita a afondar na arqueoloxía e o patrimonio da provincia a través das “Historias Cavadas” nos castros e das “Rutas de Arquitectura”

As dez visitas escenificadas a cinco castros da provincia comezarán o vindeiro 9 de setembro en Castrolandín, mentres que os catro percorridos pola arquitectura arrancan o día 17 en Vila de Cruces e Silleda

 
		O estaleiro de Purro inicia unha nova etapa como centro museístico da cultura mariñeira de Bueu

O estaleiro de Purro inicia unha nova etapa como centro museístico da cultura mariñeira de Bueu

As actuacións para a súa restauración foron financiadas pola Deputación, que investiu case 430.000 euros do Plan Concellos nas dúas fases do proxecto

 
		A Deputación e ButacaZero rompen clixés coa ópera en galego “Papagena”, que se estreará o día 10 en Pontevedra e percorrerá outros 5 concellos

A Deputación e ButacaZero rompen clixés coa ópera en galego “Papagena”, que se estreará o día 10 en Pontevedra e percorrerá outros 5 concellos

Carmela Silva: “É un luxo de obra e supón un compromiso desta compañía coa cultura, con Galicia, coa democratización da ópera, e coa súa visión de xénero”

Video