
#TURISMO
Centro Provincial de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico
CXCA
O Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (CXCA) da Deputación de Pontevedra ten como finalidade contribuír a afondar e mellorar o coñecemento arqueolóxico dos restos atopados en Galicia en xacementos galaico-romanos, e tamén noutros territorios cando se lle encomende, co fin de coñecer mellor a nosa historia e cultura, poñela en valor e contribuír á súa difusión entre a sociedade.
No centro diferenciamos dúas áreas:
- A de investigación, que pode ser visitada con reserva previa para grupos de máis de 15 persoas
- A de exposición, que é pública e pode visitarse nos horarios de apertura do pazo de Liñares
Ademais das visitas, o CXCA presta os seguintes servizos:
- Difusión, información e documentación
- Intervención no patrimonio histórico
- Investigación e análise
- Impresión especializada e modelado 3D
- Cesión de equipamentos
As condicións, tanto das visitas coma dos servizos, detállanse na Carta de servizos e están recollidas na Ordenanza reguladora do funcionamento do Centro Provincial de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (CXCA) e no Acordo regulador do prezo público de determinados servizos que se prestan no CXCA.
- Visita á área de exposición
- de martes a xoves, de 11 a 14 h e de 17 a 20 h
- de venres a domingo, de 11 a 14 h e de 17 a 21
- Localización
- Pazo de Liñares
- Lugar de Liñares, 6
- 36512 Prado. Lalín (Pontevedra)
- Coordenadas: 42º 40´ 48,1" N 8º 11´ 29,8" W