#CULTURA

Conecta LAB

Laboratorio para creadoras e creadores audiovisuais

Conecta Lab é un laboratorio para creadoras e creadores audiovisuais no que se impulsa e acompaña o seu proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series (ficción e documental). Os proxectos seleccionados reciben asesorías de guión e dirección por parte de recoñecidas e recoñecidos profesionais. . O proceso culmina cunha residencia artística de dez días, do 20 ao 29 de abril, que ten a súa sede principal na illa de San Simón (Pontevedra).

O laboratorio está organizado por CREA, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, e conta co apoio da Deputación de Pontevedra, co financiamento do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais e da Unión Europea-NextGenerationEU, e co patrocinio da Xunta de Galicia e da asociación DAMA.


En Conecta Lab 2023 poden participar guionistas e/ou directoras e directores con proxectos en desenvolvemento que conten, polo menos, cunha primeira versión de guión máis dossier (para longametraxes) e cunha primeira versión do piloto máis dossier (para series).

A inscrición de proxectos estará aberta desde o 30 de outubro ata o 30 de novembro de 2023.