CULTURA

#MUSEODEPONTEVEDRA
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento
A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.
Máis información

#ARQUIVOPROVINCIAL
Patrimonio Documental e Bibliográfico
O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura.
Máis información
NOVAS SOBRE CULTURA
A Deputación mantén aberto ata o próximo luns o prazo para que entidades da provincia soliciten as axudas para realizar actividades culturais, dotadas con 300.000 euros
03/06/2025
A Deputación mantén aberto ata o próximo venres o prazo para presentar candidaturas ao Premio Otero Pedrayo 2025, que destinará 16.000 € a persoas ou traballos de difusión destacados no campo da cultura galega
01/06/2025
A Deputación aproba as bases de Rías Baixas Acción, a liña de patrocinios de producións audiovisuais dotada con 170.000 €, un 61% máis que no 2024
30/05/2025