LETRAS GALEGAS 2026

“AS LETRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO”

Contacontos

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2026 á xornalista, escritora e activista feminista Begoña Caamaño, recoñecendo así a súa contribución á cultura galega, o seu labor na normalización lingüística e o seu legado como unha das voces máis relevantes e comprometidas da literatura galega contemporánea


Co fin de divulgar entre a infancia o papel fundamental que desenvolveu para a lingua, a Deputación ofrécelles aos concellos da provincia unha actividade de contacontos que, de xeito ameno e participativo, percorrerá a súa biografía baixo o título "As letras de Begoña Caamaño".

Esta actividade, que desenvolve o Colectivo Xurelo divídese en tres lances nos que se alternará a narración da biografía de Begoña Caamaño, acompañada dunha ilustración, dun debuxo e de distintas interpretacións musicais, para despois xerar un debate sobre a figura homenaxeada e rematar cun obradoiro no que o público asistente realizará unha caricatura da autora.