#CULTURA

Bego e o mundo do revés

Letras Galegas 2026. Begoña Caamaño

Xoves 14 de maio, ás 11:30 h, na sede da Deputación en Vigo


Este 2026 o Día das Letras Galegas está dedicado a Begoña Caamaño, xornalista e escritora nacida en Vigo, cidade na que tamén desenvolveu a súa primeira etapa profesional.

Desde a Deputación de Pontevedra celebrarémolo cun acto na sala Rosalía de Castro da Sede de Vigo sobre a vertente máis literaria e xuvenil da autora.

Neste acto participará a Editorial Galaxia e un colexio da localidade vinculado á súa infancia. Así mesmo, Marcos Calveiro, director de Edición de Galaxia, impartirá unha charla arredor da figura de Begoña Caamaño, na que se salientarán aspectos da súa obra literaria e vida, nomeadamente as súas dúas obras,Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, publicadas por Galaxia.

Alba Stinson, ilustradora do libro Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo e publicado por Galaxia, fará un debuxo en directo e contará como é o traslado do texto á ilustración do libro, o proceso de creación, a inspiración e os desafíos que entraña.

Ligazón ao Día das Letras Galegas de 2026, Begoña Caamaño, na Real Academia Galega:

https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano