17 MAIO

1971

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Gonzalo López Abente

“Da terra vixiante
centinela, desperto
de cote para ollar cara o deserto
líquido e pavoroso que ten diante;
índice oucidental forte e barudo,
dedo o mais longo da galega man;
soberbo promontorio, monte rudo:
CABO TOURIÑÁN!”

Poema “Touriñán”, Nemancos (1929)

Gonzalo López Abente

(Muxía, 1878 – 1963)

Foi un escritor, poeta, dramaturgo, xornalista e activista cultural. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que sempre traballou na banca. Pertenceu aos movementos culturais máis importantes do seu tempo e formou parte das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, ademais de ser presidente da Asociación de Escritores de Galicia e colaborar en numerosos xornais e revistas. Coñecido como un dos poetas do mar, toda a súa obra está influenciada pola Costa da Morte.

GRANDES ÉXITOS

1919

O diputado por veiramar

O diputado por beiramar (1919) é unha novela curta coa que gañou o premio de Literatura de A Nosa Terra. Nesta obra, o autor trata con certa comicidade a política e as súas consecuencias na sociedade, reflectida na vida dun deputado.

Nemancos (1929) é un libro de poemas que ten como protagonista o mar e a terra de Nemancos (Dumbría, Muxía, Cee e Fisterra); a última obra antes da guerra e da represión que sufriu o autor, que non volvería publicar ata 1958.

Nemancos

1929

Outras obras

Centileos nas ondas (1958), María Rosa (1921) e Escumas da ribeira (1911).

“…pinta unha paisaxe da costa brava galega. Nos seus poemas hai un rouco acento pondalián, unha forza seria e un pouco tristenta, anque serea. Ten fermosas visións, de certo xeito descritivo, da costa de Muxía onde vive; visións de mar bretemoso, cheas de seu ulido salobre.”

Francisco Fernández del Riego sobre Gonzalo López Abente no discurso de entrada na Real Academia Galega en 1960