17 MAIO

1979

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Manuel Antonio

“(...)
Halaremos pol-o chicote
d’un meridián innumerado
...N’a illa anónima
de cada singladura
esculcaremos o remorso d’a cidade
(...)
...Xuntaremos cadernos en branco
d’a novela errante d’o vento
...Pescaremos n-a rede d’os atlas
ronseles de Simbad
...E cazaremol-a vela
sobre o torso rebelde d’as tormentas
pra trincar a escota d’unha ilusión.”

“Intencións”

Manuel Antonio

(Rianxo, 1900 – 1930)

Foi un poeta galego, o autor máis representativo das vangardas na nosa lingua. Estudou Náutica en Vigo e fixo as prácticas de piloto a bordo do pailebote Constantino Candieira,experiencia que marcou a súa obra literaria. Tamén colaborou en xornais e revistas coma Alfar e Ronsel. Estivo comprometido desde moi novo coa causa galeguista e mantivo sempre unha actitude rebelde e rupturista co mundo conservador, na política e na literatura, que consideraba antigo e desfasado.

GRANDES ÉXITOS

1922

Máis alá!

Máis alá! é un manifesto vangardista publicado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro en 1922. Nel rompen coa tradición anterior e propoñen a defensa da lingua galega como única ferramenta para a nova corrente nos eidos políticos, literarios e artísticos.

De catro a catro, publicado pola editorial Nós en 1928, é o primeiro poemario creacionista en lingua galega. Escrito a bordo do pailebote Constantino Candieira, o libro consta de 19 poemas que seguen a estrutura dun diario de abordo, mais resolto de maneira rupturista. As imaxes creacionistas, a novidosa disposición gráfica dos versos ou o emprego do léxico técnico dos mariñeiros e dos estranxeirismos conseguen unha peza única para a nosa literatura.

De catro a catro

1928

“A mar de Manuel Antonio era unha mar cernemente sentida, por outra banda, unha mar de verdade, revelada por un mariñeiro que tamén era poeta. A súa grande voz axeitou as propias palabras ás fórmulas da vangarda.”

Historia da literatura galega (1951), Francisco Fernández del Riego