A vicepresidenta primeira da Deputación na presentación da XXIII Festa do Codillo de Mos

21/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acudiu no Pazo de Mos á presentación da XXIII Festa do Codillo impulsada polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia e que terá lugar a próxima fin de semana na vila.

No evento, a representante provincial puxo en valor esta festa, que nos últimos 25 anos fixo que “Mos se convertese en todo un referente, non hai máis que achegarse por aquí o terceiro domingo de outubro para comprobalo. "É precisamente o entusiasmo de persoas como vós o que fai que esta provincia vaia sempre a máis”, engadiu Tapias, antes de “tender a man da Deputación” para “impulsar festexos tan importantes como este, que falan do que somos e do ben que facemos as cousas”.​