Vodas de ouro organizadas pola Asociación "AVOA"

22/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe a Ana Juliana Moreno e José Costas, María Eulalia Gimarey e Andrés López, Áurea García e José Fernández, Eduarda Alonso e José Antonio Blanco, María de los Ángeles Jalda e Jesús Castiñeira e María del Pilar Fernández e Raimundo Lago na celebración das súas vodas de ouro. Fernández-Tapias, que entregou ás parellas unhas placas conmemorativas, acudiu ao festexo organizado pola Asociación de Xubilados e Pensionistas “Avoa” cunha misa na igrexa de Coruxo, unha actuación musical e unha comida de celebración. A vicepresidenta provincial agradeceu aos homenaxeades que decidiran “compartir esta marabillosa celebración de amor e de vida con todos nós”. O acto contou​ coa presenza da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.