Rafa Domínguez asiste ao almorzo de Foro Empresa Pontevedra sobre enerxías renovables e desenvolvemento industrial

07/11/2024

Rafa Domínguez asiste ao almorzo de Foro Empresa Pontevedra
Rafa Domínguez asiste ao almorzo de Foro Empresa Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este xoves ao almorzo organizado por Foro Empresa Pontevedra no Liceo Casino e que xirou arredor das enerxías renovables e o desenvolvemento industrial de Galicia. O evento contou coa participación de José R. Franco Caaveiro, presidente do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL).