A Deputación de Pontevedra conmemora o 25N coa lectura dun manifesto pola erradicación da violencia contra a muller e a prol da igualdade

24/11/2023

A Deputación de Pontevedra conmemorou este venres, nun acto previo á celebración do Pleno, o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha iniciativa que consistiu nunha actuación musical a cargo da pianista Andrea González e que se completou coa lectura dun manifesto por parte da axente da Garda Civil, Irene García, coordinadora do Equipo Muller-Menor da unidade orgánica da Policía Xudicial da Comandancia de Pontevedra.

No seu discurso, a axente remarcou a necesidade de “sumar forzas desde todos os ámbitos” para conseguir canto antes “a erradicación da violencia contra as mulleres e acadar unha provincia que vaia a máis no que todos queremos: en igualdade”.

Galerias de imagenes

videos