A emprendedora Yaiza Canosa participará o 13 de xuño nun almorzo empresarial de SmartPeme

A cita, para a que está aberta a inscrición na web do Servizo, terá lugar na sede de Zona Franca de Vigo baixo o título “Un mundo diferente necesita formas diferentes de facer as cousas”

05/06/2022

A Deputación de Pontevedra organiza a través do programa SmartPeme un novo encontro empresarial no que participará Yaiza Canosa, fundadora e CEO de GOI, empresa disruptiva dedicada ao sector loxística-transportes-mudanzas, e que terá lugar o vindeiro día 13 de xuño na sede da Zona Franca de Vigo. Nesta actividade, que leva por título “Un mundo diferente necesita formas diferentes de facer as cousas”, Canosa explicará que supón para ela o emprendemento e o facer realidade un proxecto dende cero. A cita é de balde e conta con prazas limitadas, e as inscricións poden realizarse a través do formulario que está xa dispoñible na web de SmartPeme.

Yaiza Canosa (A Coruña, 1993) conta cunha ampla traxectoria profesional, xa que comezou a emprender moi nova e é fundadora e socia doutras empresas como Glue Concept, GlueWork ou Spoortan. O seu currículum fixo que en 2017 fora seleccionada pola revista Forbes como unha das 30 mozas e mozos menores de 30 anos con maior proxección empresarial tanto dentro como fóra de España. A súa máxima é “Como fas as cousas pequenas, fas as grandes” e subliña que a clave do éxito de GOI débese á capacidade de profesionalizar un sector que adoita estar fragmentado, así como á inclusión das novas tecnoloxías, o que permite ofrecer un mellor servizo a un prezo máis competitivo. Empresas multinacionais como Amazon, El Corte Inglés, Ikea ou Worten contan cos servizos de GOI.

Yaiza Canosa

Enlaces de interés

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 18 resultados.