Rafa Domínguez asiste á final do Campionato da Xunta de Galicia masculino e feminino xuvenil de voleibol

05/04/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este sábado á final do campionato galego masculino e feminino xuvenil de voleibol que tivo lugar no pavillón da Xunqueira, na cidade do Lérez. Na xuntanza, Domínguez puxo en valor a importancia que o deporte ten para o organismo provincial, sendo o grande eixo estratéxico deste mandato, e felicitou ás mozas e mozos participantes e aos premiados, remarcando “o grande futuro que ten a provincia con todas e todos vós, que de seguro, en nada, levaredes o nome de Pontevedra por todo o mundo”.