Rafa Domínguez participou na inauguración da feira Etiqueta Negra do gourmet galego

11/11/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na inauguración da feira Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora, que se celebra ata o vindeiro luns 13 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra.

No acto, o vicepresidente destacou a importancia de apoiar citas coma esta, “que lles dan visibilidade aos grandes produtos e a todo o que ten que ofrecer a nosa provincia. Son, en definitiva, eventos que fan que Pontevedra vaia a máis”. Ademais, animou a toda a cidadanía a achegarse esta fin de semana ao Recinto Feiral “para sentir no padal o verdadeiro sabor da provincia de Pontevedra”. E convidou a gozar do TéAreeiro, unha marca coa que a Deputación busca “converterse nunha referencia na produción de té para a que a xente poida gozar dunha bebida coma esta producida ao 100 % aquí” e que estará presente no posto da institución provincial en Etiqueta Negra.