Luis López analiza co secretario da Escudería Congostra, Diego Besada, a situación das probas que organiza a entidade na provincia

06/11/2023

Luis López analiza secretario Escudería Congostra Diego Besada situación automobilismo Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo este luns un encontro de traballo co secretario da Escudería Congostra, Diego Besada, no seu despacho do Pazo provincial. Durante a reunión, López e Besada analizaron a situación do deporte do automobilismo e das probas que organiza esta entidade na provincia, así como as súas necesidades e posibilidades de crecemento. O mandatario provincial recalcou que o apoio ao deporte é unha das liñas estratéxicas do Goberno provincial.