Luis López aborda co presidente de Sogama, Javier Domínguez, o tratamento dos residuos orgánicos e o grao de implantación e uso do colector marrón nos concellos da provincia

O presidente da Deputación recibiu no seu despacho do Pazo provincial o dirixente de Sogama para tratar asuntos relacionados co medio ambiente e coa xestión do lixo

07/11/2023

Luis López aborda presidente Sogama Javier Domínguez tratamento residuos orgánicos colector marrón provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo este martes un encontro de traballo co presidente de Sogama. Durante a reunión, os dirixentes estudaron o estado da rede pública de infraestruturas coas que conta a provincia para o tratamento dos residuos orgánicos recollidos a través da rede de colectores marróns.

O pasado sábado, o titular do Goberno provincial acompañou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita á recentemente estreada planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa, unha das cinco estacións de transferencia coas que contará a provincia, as situadas na Lama, Arbo, Silleda, O Porriño e Vigo.

A reunión serviu tamén para analizar o funcionamento, o estado e o uso da rede de colectores marróns, os que se empregan para depositar os restos orgánicos dos fogares, repartidos por todos os concellos da provincia. O uso destes colectores, xa implantados na maior parte do territorio da provincia, será obrigatorio a partir do próximo ano, polo que ambas as institucións estudaron as vías de colaboración para fomentar o seu uso.