Luis López recibe a pontevedresa Lydia Pérez, que acaba de facer historia na disciplina de loita praia despois de acadar o primeiro ouro de España na final do mundial en Exipto

27/10/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez, recibiu este luns no seu despacho do Pazo provincial a deportista pontevedresa Lydia Pérez, que acaba de conseguir un fito histórico para o deporte nacional. A loitadora pontevedresa conseguiu na cidade exipcia de Alexandría a primeira medalla de ouro do deporte español nunha final dos mundiais de loita praia, un logro que sumado a outro primeiro posto conseguido en Grecia noutra proba das series mundiais valeulle á loitadora do club Loita Pontevedra o subcampionato mundial desta disciplina.

O mandatario provincial, que recibiu a Lydia Pérez xunto con Pablo García, adestrador do club Loita Pontevedra; e o presidente da Federación Galega de Loita, Lose Luis Olazábal; recoñeceu o labor da deportista pontevedresa para consolidar a Pontevedra como a provincia do deporte. 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.