Luis López visita co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha planta de compostaxe en Vilanova

04/11/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este sábado acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, unha planta de compostaxe no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa.

Durante a visita, o mandatario provincial puido comprobar como é o proceso de tratamento dos residuos orgánicos da contorna para elaborar fertilizantes de calidade, sostibles e respectuosos co medio que melloren os cultivos da provincia.